31/10/10

Campións da Liga Galega de Clubes na categoría Sub 15 e Subcampións absolutos en Segunda


Nas instalacións do Club del Mar San Amaro disputáronse o pasado sábado, os últimos encontros da Liga Galega de Clubes nas categorías Sub 15 e Absoluta. Na cidade herculina, o Athlos proclamóuse campión na categoría Sub 15. Trátase do primeiro éxito da tempada 2010-2011. Noutro eido, compre destacar a actuación de Sara Ezquerro e Sara Galicia, que gañaron a categoría feminina sub 15. E por suposto, o bronce acadado por Gabriel Vida e Iván Mariño na categoría masculina. Por outra banda, o equipo absoluto firmou unha moi boa actuación, rematando como subcampión da Segunda Categoría. Norabóa a todos os deportistas que participaron neste competición de clubes.

28/10/10

MÁIS INFORMACIÓN ATHLOS

Para acceder a máis información das actividades nas que participan os xogadores de Athlos, Nacho Rego publica xenerosamente as noticias en http://www.ourensedeportivo.com/noticias/athlos (pincha aquí). Agradecemos a Nacho estas atencións. (nachorego@gmail.com)

15/10/10

AS COUSAS SEMPRE...

!AS COUSAS SEMPRE, ... SEMPRE, CHAMAN POLO SEU DONO!
"Que ledicia dan as cousas cando volven as mans de seu dono, que tanto as quere, que con tanto agarimo as estima e coida".
Esa foi a grande satisfación que lle deu, o alumno de 2º ESO-C do IES Bl. Amor, Brais López Loureda á Profesora do IES de Celanova dona Dolores ó entregar na Conserxería a cateiriña que atopou perdida (chamando polo seu dono/a) coa súa axenda electrónica.
Parabéns para tí Brais e para tódolos/as que toman decisións acertadas cando están sós.
Quédate coa ledicia que lle deches polo reencontro. Enhoraboa, segue SEMPRE así.
O clube Athlos de bádminton regálache un cursiño gratuito se queres disfrutar deste deporte. Non tes màis que vir ó polidepotivo nos horarios que están indicados no taboeiro de anuncios do Ximnasio.

05/10/10

RANKING GALEGO SUB-15 e SUB-19




SARA EZQUERRO 1ª e SARA GALICIA 2ª no ranking individual sub-15 de Galicia e ámbalas dúas primeiras en dobles femininos que xunto co 4º posto de GABRIEL VIDAL, firmaron un óptimo inicio de Athlos nesta competición que tivo por marco o pavillón do "Club del Mar" de San Amaro (A Coruña).


Na categoría de sub-19 bo debut de Daniel e Nacho.


Parabéns para todos cos que desplazouse Nuria como delegada do clube e familiares dos participantes.